sábado, 17 de diciembre de 2016

1.Cuadro cronológico Alfonso XII hasta nuestros días I.

http://www.timerime.com/es/linea_de_tiempo/1640030/Cuadro+cronolgico+Alfonso+XII-Nuestros+das/

 2. M. Divisiones administrativas España antes de J.Burgos.

http://martinmartinezreboridohistoria.blogspot.com.es/2014/11/mapa-divisiones-administrativas-en.html

 3. M. Divisiones administrativas España después de J.Burgos.

http://andreitafn98.blogspot.com.es/2016/02/mapa-divisiones-administrativas-de_7.html

4. M. Europa principio siglo XIX.

http://annalesdeltiempo.blogspot.com.es/2010/10/los-mapas-de-la-europa-del-siglo-xix.html

5.  M. Europa finales siglo XIX.

 http://andreag-c.blogspot.com.es/2011/05/mapa-de-europa-finales-del-siglo-xix.html

6. Composiciones:


COMPOSICIÓN Nº1
Estamos ante unha serie de textos, o primeiro correspóndese cunha serie de artigos da Orde que o mariscal Murat propuxo en 1808; o segundo documento correspóndese coa proclama da Junta Central do Principado de Asturias; o terceiro documento correspóndese cun escrito de Evaristo San Miguel, onde se expón algúns proxectos dos combatentes contra os franceses; e, por último, o cuarto documento  correspóndese con artigos da Constitución de 1812.

Tras a derrota de Napoleón, restauráronse as vellas monarquías e intentouse regresar á situación internacional anterior á Revolución francesa (1789-1799). Por iso, denominamos Restauración ao período inmediatamente posterior á derrota de Napoleón.
Esta etapa foi tamén un período de reacción para volver ao Antigo Réxime. O seu fundamento ideolóxico era o lexitimismo, que defendía a desigualdade social e a alianza Igrexa-Estado para garantir os dereitos lexítimos dos monarcas absolutos do Antigo Réxime.
   En canto a España, durante o século XIX pasou dun modelo social e político do Antigo Réxime a outro baseado en sociedades de clases, economía e monarquía capitalista. O fundamento ideolóxico desta transformación residiu no liberalismo político e económico. Por iso se fala de revolución liberal. Esta revolución foi un proceso lento e cheo de dificultades que deu lugar a guerras civís e pronunciamientos militares. Esta inestabilidade política dificultou o progreso económico e a transformación social.

A comezos de 1808, España vive nunha monarquía moi desprestixiada encabezada por Carlos IV co seu valido Manuel Godoy. España estaba dividida entre unha corriente máis conservadora e outra máis liberal. Esta etapa estivo caracterizada por unha crise financieira que veu dada polas guerras contra Francia e Reino Unido. Destaca  a batalla de Trafalgar, onde España foi derrotada.
   Neste ambiente, o pobo de Madrid, o 2 de maio de 1808, sublevouse contra as tropas francesas. Estas tropas tiñan o permiso do rei para atravesar España e chegar a Portugal grazas ao Tratado de Fontainebleau que os Carlos    IV asinou con Napoleón, aínda que finalmente os franceses quedáronse en España. Murat, un mariscal francés, reprimiu esta sublevación , como podemos observar no documento número 1 , cito textualmente “ Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue francés foi vertido; reclama vinganza”. Foi unha represión moi dura, pero a pesar diso, a insurrección foi estendéndose por España, onde se formaron Xuntas e Bandos ao que o Mariscal Murat respondeu con diversos mandatos : “ Artigo 5. Toda xuntanza de máis de 8 persoas será considerada como unha sediciosa; Artigo 7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos provocando a sedición, serán considerados coma uns axentes de Inglaterra e arcabuceados”
   Mentres isto sucedía en España, en Bayonne, Napoleón obrigaba a Carlos IV e a Fernando VII a renunciar ao trono para así cederllo el ao seu irmán Xosé Bonaparte. Os franceses intentaron instaurar un sistema de goberno baseado no liberalismo político aínda que cun marcado carácter autoritario, o que quedou plasmado no Estatuto de Bayonne, unha carta outorgada.
   Comeza así a Guerra de independencia en España, onde a poboación se organizou en bandos para loitar, para organizar un novo goberno e a defensa, como podemos observar no documento 2, onde a Xunta Central Asturiana insta aos asturianos a loitar contra os franceses: “O Principado, en desempeño daqueles deberes que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia” “¡Á arma, á arma, asturianos!”
   Durante esta guerra a poboación dividiuse claramente en dous bandos principais, como se explica no documento 3, escrito a posteriori por Evaristo San Miguel, cito textualmente:  “De todos os xeitos non é menos certo que a invasión dos franceses foi o principio das nosas diferenzas internas e a guerra de independencia unha serie de guerra civil ao mesmo tempo.”
   Estes bandos eran: os patriotas e os afrancesados. Os patriotas eran os defensores da monarquía borbónica e contrarios á dinastía imposta por Napoleón. Estes estaban á súa vez divididos en: liberais, partidarios da reforma da monarquía e que tiñan o liberalismo como ideario, e os absolutistas partidarios do Antigo Réxime. O outro bando eran os afrancesados, os cales apoiaban o goberno de Xosé I, aínda que tamén era un grupo heteroxéneo.
   Durante a guerra, a guerrilla foi o instrumento que canalizou a loita da xente do común contra o invasor. Outro centro de acción durante o proceso revolucionario foi a Junta Central, que convocaron a Cortes, elixidas por un sufraxio universal indirecto.
   As Cortes estaban formadas por personalidades con distintas opinións (o que estaba a favor do absolutismo, os que pedían a soberanía nacional…).
   Como Cádiz era a cidade con menor ocupación francesa, estas Cortes decidiron reunirse aquí. O 23 de decembro de 1810 formouse un proxecto de constitución e o 19 de marzo de 1812 promulgouse a Constitución, coñecida como La Pepa, e que presentou uns principios moi radicais. Un destes principios, como ben se menciona no texto, cito textualmente: “Artigo 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos dous hemisferios (...)”, outro dos artigos foi, como ben se di no Documento 4, que a soberanía residiría na nación. Tamén destaca a división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial), e outros como as liberdades individuais, a monarquía moderada, a creación da Milicia Nacional, etc.
    A  Constitución de 1812 case non se puido aplilcar, xa que en 1814 comezarán seis anos de poder absolutista, ata que en 1820 e ata o 1823, houbo un período de tres anos no que o goberno estivo liderado por liberais, que durante esta etapa se dividiron en moderados, que pretendían darlle máis poder ao rei e controlar a prensa, e os exaltados, que pedían reformas máis radicais.
   Finalmente, tras varios cambios de goberno que se deron nestas décadas, en 1833 o rei Fernando VII faleceu e a súa filla Isabel II, con tan só dous anos de idade, foi proclamada raíña, aínda que a súa faceta como tal non se cumpriu ata 1844, cando dous xenerais (López e Prim) pediron que a Isabel se lle adiantara a maioría de idade ante o posible regreso da súa nai María Cristina, que estivera reinando dende a morte de Fernando VII ata comezos da década dos 40.

CONCEPTOS: CLASES ESTAMENTALES.

CONCEPTOS: INQUISICIÓN.

LECCIÓN: CARLOS I Y FELIPE II.


lunes, 14 de diciembre de 2015

Mapas Xeografía de Galicia

 Mapa dos principais accidentes xeograficas de Galicia:
 

Mapa da rede fluvial galega:
Mapa dos climas de Galicia:

 



Pirámide de poboación galega



Principais núcleos industrais:

Rede de estradas:
 



Rede de ferrocarril:

Principais portos e aeroportos:
 
 Mapa de vexetación galega:

 

lunes, 5 de octubre de 2015

En este texto, Felipe V explica que elimina los fueros y las instituciones de los reinos de Aragón por la falta al juramento de fidelidad que le hicieron al no apoyarlo en la guerra, tratandolo como Rey y Señor, así, pasaron a ser gobernados por leyes castellanas, excepto el País Vasco y Navarra que pudieron conservar los fueron por si apoyarlo en la guerra, Valencia, Aragón y Mallorca fueron los que sufrieron esta supresión.

Desde mi punto de vista, Felipe V era un tanto caprichoso ya que si no recibia tu apoyo, eliminaba los fueros e insituciones sin remordimiento alguno, y si no lo apoyabas estabas incumpliendo el juramento de fidelidad. Pero por otra parte, lo veo algo coherente, ya que si haces un juramento es para cumplirlo, y mas en aquellos tiempos, en lo que todo tenia que estar a "raja tabla", así, parece un contradicción pero realmente tiene algo de razón aunque tenga una actitud un poco mudable.

Esta reforma esta considerada una de las más importantes dentro del absolutismo borbónico, ya que supuso un gran cambio dentro de la política del siglo XVIII.